Riders:

Guille García-Conde, Alfredo Riveiro, Breixo Portas, Yoel Loira, Daniel Ruiz, Rodrigo Tielas e Iván Iglesias.

viernes, 6 de mayo de 2011

Edit del Rider: Alfredo Riveiro.

Comunicación da Federación Galega de Ciclismo

Novidades 
2 Maio , Modificacións Regulamento BTT (descenso) Modificacións Regulamento BTT (descenso) 

A Comisión de BTT reunida o pasado xoves 28 de abril e despois de levar a estudio a difícil situación que está vivindo a modalidade de descenso e en concreto os problemas que acarrea a toma de tempos das probas, sendo perxudicadas tódalas partes: clubes, corredores e árbitros, decidiu como medida de carácter urxente para a tempada 2011 en tanto non se atopan outras vías de solución para o problema, aprobar as seguintes modificacións no Regulamento BTT 2011 referentes a modalidade:
1. Suprimir a clase B das probas do Open de Galicia-Novacaixagalicia. 

2. Modificar os requisitos da clase A quedando como segue: premios mínimos en metálico 435 euros, cronometraxe electrónica obrigatoria e prezo inscripción máx. 20 euros

3. Modificar táboa de premios en metálico según detalle que consta no Regulamento BTT 2011.

Ademáis, a Comisión de BTT decidiu separar a categoría Sub 23 da categoría Élite en todas as probas do calendario de descenso (ata agora únicamente obrigatorio no Cto de Galicia) debido a elevada participación de corredores sub 23 e co fin de motivar a ditos corredores para competir con ciclistas da súa propia categoría. En consecuencia: elaborarase ranking, farase podium e entregarase maillot de líder de dita categoría.

Estas normas entrarán en vigor a partir da publicación de dito comunicado e os clubes organizadores das próximas probas do calendario de descenso teñen a obrigación de acatar ditas normas e por elo, modificar a correspondente información das súas probas



Máis info en:www.fgalegaciclismo.es/comunicado

Datos personales

Mi foto
Mondariz-Balneario, Pontevedra, Spain
mondairzriders@gmail.com --- GESTIÓN DE BLOG: Guille García-Conde ( http://www.facebook.com/profile.php?id=1162788805 Creditos:-Fotografo profesional del equipo: Alfredo Riveiro. ---- Informático del Equipo: Guille Garcia-Conde. ---- Colaboradores de actualización: Félix Enes y Martín Alen.